Sunday 05 de May de 2024

Corte de auga en varias rúas de Mera mañá mércores desde as 9:00 horas


Debido ás obras de mellora da rede xeral de abastecemento de auga no centro de Mera, mañá mércores 6 de xullo vai efectuarse un corte na subministración desde as 9.00 da mañá. A medida que avancen os traballos irá restablecéndose o servizo en todas as rúas, no peor dos casos non máis tarde das 18:00 horas.

As rúas afectadas son as seguintes:

– Doutor Fleming entre 1 e o 97
– Celso Emilio Ferreiro entre 16 e o 30
– Parameiras
– Xúpiter
– Xabre
– Chelito
– Xabrón
– Subiña entre o 1 e o 64 (pares) e o 1 e o 33 (impares)
– Fonte Cuba
– Requeno
– Urbanización Punxeiro
– Airas
– Gurpilleira

Nas rúas de Xoez, O Xunquiero e Canabal van darse episodios de pouca presión e mesmo nas partes altas falta de auga. Nestes casos, podería prolongarse a situación anómala ata o xoves.